A axenda cultural de Noia inclúe este Nadal cinema, teatro, monólogos, obradoiros e ballet familiar (O Crebanoces)

19 Decembro 2022

O Concello de Noia tamén mostrou nas redes sociais o seu programa de propostas de lecer para estas datas sinaladas, este punto de inflexión entre 2022 e 2023 no que temos un importante repunte da actividade cultural, e Noia, por suposto, non ía ser unha excepción. A programación, para todos os públicos, inclúe cinema, teatro, monólogos e obradoiros.

A axenda, se ben comezou xa o 3 de decembro, depáranos aínda importantes propostas, como por exemplo a función para a rapazada O Apalpador e a nena sen medo, de Xanela do Maxín (este mércores 21 ás 18.00 horas na Casa da Cultura, con entrada libre até completar a cabida); o ballet familiar O Crebanoces (inspirado na obra de Hoffman) da Escola de Danza Oitos (os días 23 e 26 de decembro ás 18.30 no Coliseo Noela, con entradas a beneficio de Cáritas e Cruz Vermella); o obradoiro musical gratuítoA Arte de Cantar, a cargo de Narci Rodríguez (os días 27, 28 e 29 de decembro, para nenas e nenos de 10 en adiante, no Local de Ensaio); a proxección do filme Klara e o Nadal na granxa (o mércores 28 no Coliseo Noela, ás 18.30 horas e con entrada libre); ou o teatro familiar Pinocho El Musical (a cargo de La Bicicleta, o día 29 de decembro ás 18.30 horas no Coliseo Noela, con venta de entradas en Ataquilla.com). Tamén haberá un obradoiro infantil de repostería de Nadal (os días 3 e 4 de xaneiro de 16.00 a 18.00 horas, na Casa da Cultura, en dúas quendas e para crianzas de 4 a 8 anos). Amais, o día 3 de xaneiro proxectarase A Patrulla Canina, A Película, será ás 18.30 no Coliseo Noela, con entrada libre até completar o aforo.

Por outra banda, o sábado 7 de xaneiro celebrarase no Coliseo Noela un espectáculo que terá como protagonista ao narrador e actor arousán Carlos Blanco, que ofrecerá ao público unha escolma dos seus mellores monólogos. Será a partir das 20.30 horas, para maiores de 16 anos. As entradas poderán sacarse en ataquilla.com ou ben o mesmo día da función no portelo do Coliseo.

Ademais, até o 10 de xaneiro podemos visitar a mostra A nosa Ría, de acuarelas de Axeitos, no primeiro andar o Edificio do Casino.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.