A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, conmemora o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional e o Día Internacional dos Dereitos Humanos 

07 Decembro 2022

Con motivo do 3 de decembro, Día Internacional da Diversidade Funcional e do 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos, Ambar está celebrando a ‘Semana da Diversidade’. A celebración comezou cunha Andaina pola Diversidade que tivo lugar o pasado sábado día 3 en Ribeira, a cal rematou na Praza do Concello coa lectura dun manifesto.
Ademais da andaina e ca vontade de reivindicar un ano máis a inclusión e empoderamento das persoas con diversidade funcional, realizarase tamén unha exposición con obras do grupo de arte de Ambar e un contacontos dirixido a tódolos públicos.

“Lembranzas”
Exposición no Centro Social de Cabo de Cruz. Permanecerá dende hoxe ata xaneiro.
Decembro 2022 – Xaneiro 2023
Artistas participantes: Álex Dios, José Ma Outeiral, Ma Eugenia Reiriz, Daniel Piñeiro, Juan Sampedro, Manola Davila, Gonzalo Ordóñez, Ángel Sampedro e Raquel Hernández.
“As Cores de Marte”
O acto de peche desta semana de accións para conmemorar o Día Internacional de Diversidade Funcional e o Día Internacional do Dereitos Humanos, terá lugar na Pobra do Caramiñal co contacontos As Cores de Marte, o cal vai dirixido a tódolos públicos e será na Praza do Cantón, este xoves 8 ás 12:30h.

Calendario Solidario 2023
Unha edición máis realizamos o noso Calendario Solidario!
O calendario é o único dentro do panorama nacional que recrea fielmente, a través dun traballo minucioso de caracterización, vestiario e deseño, carteis de películas. A finalidade desta iniciativa é a de promover unha visión positiva e empoderadora das persoas con diversidade funcional destacando a súa faceta artística.
O Calendario Solidario 2023 xa está a venta nos formatos habituais ( parede e sobremesa). Poderá reservarse a través do correo@asociacionambar.org ,no 981 87 44 80 ou dende a web https://asociacionambar.org/calendario-solidario-2023/ A recadación obtida destinarase aos servizo de transporte, para costear o sobrecusto das subidas no prezo do combustible.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.