Vinte axudas escolares para Dodro

05 Decembro 2022

            O concello de Dodro aprobou definitivamente a concesión de 20 axudas á escolaridade para este curso 2022/23. Acóllense a estas axudas persoas empadroadas en Dodro con estudantes desde 2º ciclo de E. I., Primaria e Secundaria Obrigatoria.

O concelleiro de Servizos Sociais e Benestar, Xoán Bautista Mariño Abuín (BNG), di estar satisfeito co camiño emprendido neste mandato. Coa boa acollida das achegas, como na pasada edición, entre outro material está a axuda para gastos de actividades extraescolares, instrumentos musicais,…

Na mesma liña do ano pasado continúa o achegamento ás demandas veciñais. A inversión destinada a escolares de Dodro mantense outro curso máis chegando ata 24 solicitudes (7 menos que na edición pasada)das que cumpren as bases 20 familias cun montante de 2800 €.

Coas actuais bases adoptadas houbo así un total de 2.800€ para familias de Dodro, con menores escolares ao seu cargo, aos que se lles conceden estas achegas compatibles con outras axudas xa establecidas.

Esta semana comeza a tramitación en Servizos Sociais e Benestar para facer efectivas estas axudas.

Xoán Bautista Mariño anunciou que están traballando con outras áreas do goberno para unha próxima edición. A idea é seguir investindo no público. Estase vendo a posibilidade de incrementar a contía para outros conceptos como podería ser, por exemplo, axudar a familias usuarias do servizo de comedor escolar en Dodro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...