Xoves seguen choivas durante todo o día diminuindo en intensidade pola tarde

23 Novembro 2022

Non se agardan cambios significativos para o xoves, con Galicia na influencia das borrascas que seguirán enviando sucesivas frontes. Así, o ceo estará nubrado con chuvias, máis persistentes e intensas a primeiras horas e collendo carácter máis intermitente á tarde. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará de compoñente oeste, con intervalos fortes no litoral norte.

Atención para xoves: Chuvias persistentes ás primeiras horas, especialmente na fachada atlántica.

meteogalicia

o noso mar: Vento do sudoeste á mañá e do oeste á tarde e á noite, forza 3 a 5 á mañá e á noite e 3 a 4 á tarde.Marusía. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 6 a 7 metros á mañá e 5 a 6 metros á tarde e á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar03:443.8 m
Baixamar09:510.5 m
Preamar16:053.8 m
Baixamar22:120.5 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar03:353.8 m
Baixamar09:430.5 m
Preamar15:563.7 m
Baixamar22:020.6 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar03:403.8 m
Baixamar09:480.5 m
Preamar16:013.7 m
Baixamar22:070.5 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Mércores 21 con ceos nubrados, choivas e forte vento

Galicia quedará este mércores 21, Santa Inés, baixo a influencia das baixas presións, cunha situación meteorolóxica marcada polos ventos de compoñente oeste. Agárdase unha xornada de ceos nubrados, con precipitacións máis frecuentes e intensas na metade oeste do país,...

+

Ampliada a todo o litoral galego a alerta vermella na costa da Coruña

Debido ás alertas laranxa e vermella, a Secretaría  Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes anunciou a suspensión da actividade deportiva no mar, tanto federada como do programa Xogade, nos concellos afectados segundo as previsións dos...

+

Martes 20, marcado pola choiva e o vento do sur

As Rías Baixas e a comarca de Santiago quedarán este martes 20, San Sebastián, baixo a influencia das baixas presións situadas ao sur de Irlanda, que enviarán a Galicia unha nova fronte activa. A situación traerá ceos cubertos e precipitacións xeneralizadas, que serán...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Lonxe”. Xulio Xiz

“Lonxe”. Xulio Xiz

Arredor da Muralla romana contrastaba estes días o poderío desafiante dos tractores coa resistencia milenaria das pedras que resistiron guerras; mesmo coma esta, pacíficas e xustas, contra inimigos lonxanos e incógnitos. Combaten os tractores - de última xeneración ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.