Influencia transitoria das altas presións sobre Galicia durante o venres. Con esta situación, comezaremos a xornada con néboas e intervalos de nubes baixas e algún chuvasco residual, máis probables no terzo norte, que darán paso gradualmente a ceos con nubes de tipo alto. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará frouxo de dirección variable, collendo compoñente sur co avance da tarde.

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá, variable á tarde e do sur á noite, forza 1 a 3 á mañá, 1 a 2 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á noite e mar rizado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 5 a 6 metros á mañá, 4.5 a 5.5 metros á tarde e 3.5 a 4.5 metros á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:25 | 3.9 m |
| Baixamar | 10:37 | 0.4 m |
| Preamar | 16:50 | 3.7 m |
| Baixamar | 22:53 | 0.5 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:17 | 3.8 m |
| Baixamar | 10:27 | 0.5 m |
| Preamar | 16:42 | 3.7 m |
| Baixamar | 22:46 | 0.6 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:22 | 3.8 m |
| Baixamar | 10:32 | 0.4 m |
| Preamar | 16:46 | 3.7 m |
| Baixamar | 22:50 | 0.5 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



