Unha persoa resultou ferida tras envorcar ou seu vehículo na autovía á altura de Rianxo

03 Novembro 2022

O condutor e único ocupante resultou ferido, aínda que puido abandonar o vehículo polos seus propios medios.

Un particular informaba ao 112 Galicia, pasadas as 22:30 horas de onte, dun coche envorcado no quilómetro 19 da AG-11, á altura da saída de Taragoña (Rianxo). O condutor puidera saír polo seu propio pé e xa se atopaba no exterior dende o primeiro momento, aínda que ferido.

Ademais, por motivo do accidente quedara esparexida unha importante cantidade de aceite sobre a vía, nunha zona perigosa para a circulación. Desde o 112 avisouse, ademais de a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil de Rianxo, así como aos servizos de mantemento das estradas.

Estes últimos colaboraron cos Bombeiros para despexar o asfalto e retirar o vehículo sinistrado, rematando o operativo pasadas as 00:00 horas.

Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro actuando en accidente con feridos na saída 19 da AG-11 en Taragoña no Concello de Rianxo

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...