Un novo falecido por Covid eleva a 539 as vítimas da área sanitaria de Santiago-Barbanza

03 Novembro 2022

O Sergas notifició unha nova vítima mortal, unha muller de 81 anos, que eleva a cifra de falecementos a 539 desde o inicio da pandemia. Actualmente hai 280 persoas coa infección activa, o que mantén unha tendencia descendente. Pola contra, aumentan os hospitalizados ata os 22. Todos eles están en planta e tres permanecen no centro comarcal.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.955, deles 395 son da área da Coruña, 236 da de Lugo, 365 da de Ourense, 204 da de Pontevedra, 265 da área de Vigo, 293 da de Santiago-Barbanza e 195 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 6 están en UCI, 195 en unidades de hospitalización e 1.754 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 677.676 persoas curadas, rexistrándose 3.941 falecementos.  

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 31 de outubro:

Muller de 86 anos, na área sanitaria de Vigo.

Día 2 de novembro:

Home de 82 anos, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.995.177.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.345.787
No que respecta a os municipios de Barbanza, tanto Carnota como Lousame teñen a cero o seu contador de novos positivos no últimos sete días. Tan só Ribeira e Muros superan a decena de contaxios nas dúas semanas anteriores. Na localidade muradá rexístranse 14 e na ribeirense 13. Iso si, a incidencia acumulada en Muros é superior, ao alcanzar os 166 casos por 100.000 habitantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.