A Xunta apoiou a 6 establecementos hostaleiros da comarca do Barbanza para investimentos en equipamentos post Covid 

24 Novembro 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou na mañá deste xoves 24 de novembro o Hotel Atmos, un dos beneficiados pola orde de axudas autonómicas para investimentos en equipamentos postCOVID dos establecementos hostaleiros que lle permitiu mellorar os sistemas domóticos e renovar os seus controis de acceso. Trenor acudiu na compaña do alcalde de Outes, Manuel González.

Trenor explicou que o obxectivo destas axudas foi “seguir colaborando na modernización das instalacións e na consecución da maior seguridade sanitaria nos establecementos hostaleiros galegos”. Na comarca do Barbanza, lembrou, recibiron estas axudas un total de 6 establecementos por un importe de case 207.000 euros e mobilizaron máis de 230.000 euros. No ámbito galego estes apoios ascenderon 3 millóns de euros

O delegado da Xunta puxo en valor este tipo de axudas porque “son inxeccións moi importantes para superar o impacto da pandemia e para seguir incrementando os estándares de calidade dun sector fundamental para a economía galega”.

A liña de axudas da Xunta para a dotación de equipamentos postCOVID, estivo orientada a micropemes e pemes do sector da hostalería, como hoteis, hostais, casas rurais ou outro tipo de aloxamentos e bares, restaurantes e cafeterías.

Os beneficiarios recibiron achegas de ata o 90% do seu investimento cunha contía máxima de 50.000 euros e as actuacións deberán orientarse á adquisición de medidores calidade do aire, sistemas domóticos ou de check-in automático, redes de control de distancia, accesos e aforos, infraestruturas de ventilación e climatización do aire, cartelería, rotulación ou sinaléctica.

Gráfica das axudas no Barbanza

Outros artigos

O BNG presenta en Noia as súas candidaturas municipais para 2027

O BNG da comarca da ría de Muros e Noia dará este domingo, 20 de setembro, o primeiro paso dun novo curso político coa mirada posta nas eleccións municipais de 2027, coa presentación das persoas que encabezarán as candidaturas nacionalistas nos concellos de Lousame,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.