O sábado será un día de transición á espera da chegada dunha nova fronte ao final do día. Deste xeito, o ceo estará con alternancia de nubes e claros na franxa atlántica e máis despexado no leste. Presenza de néboas en comarcas do interior. Cara á noite o ceo quedará máis cuberto con precipitacións que irán entrando de oeste a leste co avance da madrugada do domingo. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos e as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará de compoñente sur.
Temperatura do aire (°C)
MINMAX 9° 20°
Temperatura da auga (°C)
17°
Índice ultravioleta máx.
2
meteogalicia
o noso mar: Vento do sur á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 3 á tarde e 4 a 5 á noite. Mar rizado á mañá, mar ovellado á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.
Santiago e a comarca das Rías Baixas vivirán este domingo unha xornada de ceos despexados, con entrada de nubes altas pola tarde e sen risco de choiva, aínda que marcada por un cambio no termómetro. As temperaturas sufrirán un descenso xeral que se deixará notar con...
As Rías Baixas e a comarca de Santiago vivirán este sábado 17, unha xornada de transición meteorolóxica, caracterizada polo protagonismo do vento do nordés e unha caída acusada dos termómetros nas horas centrais do día. Mentres o interior de Galicia —especialmente as...
Este venres 16, Santa Margarida, comezará con bancos de néboa en zonas do interior, ceos cubertos por nubes baixas na franxa norte de Galicia e nubes altas no resto do territorio. A medida que avance a xornada, a nubosidade irá a máis en toda a xeografía galega, dando...
A xornada deste xoves 15, Santa Tereixa, comezará con bancos de néboa e brétemas costeiras que darán paso a ceos despexados, con ventos do norte-noroeste e un lixeiro descenso nas temperaturas máximas. A influencia das altas presións continuará marcando a estabilidade...
Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....
“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...