Ribeira presenta a súa Axenda Urbana para construír coa cidadanía un municipio máis eficiente, sostible e humano

30 Novembro 2022

O Concello de Ribeira presentou esta tarde a primeira proposta do seu Plan de Acción da Axenda Urbana. O Plan oriéntase á construción dunha Ribeira máis eficiente e sostible, para enfrontarse aos retos que ten por diante.
A presentación tivo lugar esta tarde no Salón de Plenos do Concello e contou coa participación de Manuel Ruiz Rivas, alcalde de Ribeira (quen resaltou a importancia de planificar para definir o futuro dunha cidade), e Sonia Hernández Partal, subdirectora adxunta de Políticas Urbanas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, quen salientou durante a súa intervención a calidade da proposta de axenda planteada por Ribeira, que levou a que fose seleccionada como proxecto piloto a nivel nacional.
Tras as intervencións institucionais, foron representantes de TECH friendly, a empresa que desenvolveu o proxecto de Axenda Urbana durante os últimos meses, os encargados de contextualizar o proxecto e explicar as fases e resultados obtidos á hora de confeccionar unha Axenda Urbana que vai ser un factor vinculante á hora de captar futuros fondos europeos. Animaron á cidadanía para participar no proceso valorando os proxectos identificados como estratéxicos e realizando as súas achegas para seguir conformando un Plan de Acción conxunto.
Un proxecto para mellorar o futuro de Ribeira
As actuacións prioritarias identificadas durante o proceso enmárcanse en catro eixos estratéxicos, que coinciden coa visión local do futuro do municipio: Ribeira intelixente, Ribeira eficiente, Ribeira turística e Ribeira humana.

A Ribeira intelixente busca mellorar a administración electrónica e facilitar así os trámites en liña, ademais da creación dun laboratorio cidadán de ideas para impulsar a participación continua da poboación ribeirense nos avances do municipio. Pola súa banda, a Ribeira eficiente inclúe proxectos como a mellora da mobilidade en bicicleta ou os plans de transición enerxética.
A Ribeira turística céntrase na posta en valor do patrimonio cultural e a creación de novas áreas verdes, ademais do desenvolvemento dun plan de sustentabilidade turística. Por último, a Ribeira humana expón un programa de integración social para colectivos vulnerables e accións para mellorar a planificación urbanística local.
A totalidade do proxecto de Axenda Urbana, incluíndo as fases realizadas e os resultados obtidos, pode consultarse na web agendaurbana.ribeira.gal.
Participación cidadá para unha visión conxunta
Este proxecto de Axenda Urbana fundaméntase na participación da cidadanía para definir o desenvolvemento urbano de Ribeira para os próximos anos. Un primeiro paso nesta dirección foi a consulta cidadá realizada en maio de 2022 para identificar os retos e contrastalos cos que propoñía o Concello.
A sesión participativa celebrada durante a presentación busca seguir avanzando nesta intención, presentando o proxecto desenvolvido durante os últimos meses e facilitando que as persoas asistentes poidan seguir achegando as súas opinións para construír a Ribeira que visualizan para os próximos anos.
Ademais, o Concello puxo ao dispor da cidadanía un formulario en liña para que poidan seguir realizando as achegas que consideren necesarias, cousa que fixeron abordando ideas en torno á mellora da accesibilidade universal, a posta en valor da gastronomía ou a recuperación das tradicións. Este formulario estará aberto ata o 13 de decembro e pode encherse na web agendaurbana.ribeira.gal.
As achegas recibidas, xunto cos comentarios recolleitos durante a sesión de hoxe, incluiranse no Plan de Acción definitivo que se aprobará proximamente e estará igualmente dispoñible para a totalidade da cidadanía.
Ribeira continua así apostando por deseñar o seu futuro baseado na construción dun municipio máis humano, sostible e intelixente; en liña cos principios propostos pola Axenda Urbana Española.
Na sesión de mañá tivo tamén lugar outra presentación, dirixida neste caso a membros da Corporación e traballadores de diversas áreas do Concello involucradas na plasmación da Axenda.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Valentía política”. José Manuel Pena

“Valentía política”. José Manuel Pena

Salen de sus hogares, todas las semanas, en busca de alimentos, medicamentes, bonos para viajes o alguna que otra ayuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acuden a alguna ong ó entidad social que las ayudan desde hace décadas e incluso, a algunas de...

“La felicidad”. José Antonio Constenla

“La felicidad”. José Antonio Constenla

En este mundo tan dado a poner días, etiquetas y estadísticas a la vida, lafelicidad no podía ser menos y la Red de Soluciones para un DesarrolloSostenible, dependiente de Naciones Unidas, ha establecido una serie decriterios que permiten medir si un país ofrece...