Ribeira acolle unha charla divulgativa sobre dano cerebral adquirido

18 Novembro 2022

A Asociación de Dano Cerebral de Santiago de Compostela, en colaboración cos Servizos Sociais de Ribeira, impartirá unha charla divulgativa sobre o coñecemento do dano cerebral adquirido. Tocaranse na xornada as seguintes cuestións. causas que o provocan ( Ictus, traumatismos cranoencefálicos, tumores cerebrais…etc); secuelas e consecuencias tanto a nivel individual, familiar e social; e recursos dispoñibles para a poboación con dano cerebral adquirido.

Entre os obxectivos da Asociación Arela está tamén fomentar a concienciación e sensibilización entre a cidadanía para desenvolver ferramentas de prevención, amosar á poboación a detectar un ictus e como actuar a tempo, reducir o impacto social achegando a realidade das persoas con dano cerebral o seu día a día á sociedade.

A charla está dirixida á poboación xeral, ós principais colectivos en risco (maiores) así como persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias.

Esta actividade vaise desenvolver, no Centro Cultural Lustres Rivas o vindeiro día venres 2 de decembro, ás 18:00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...