Este sábado 26 de novembro o Auditorio Municipal será escenario dun concerto didáctico de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez, abeirado ao programa de actividades FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O espectáculo arrancará ás 11.00 h e a entrada libre e gratuíta, con preferencia para as familias con nenos e nenas.
Este concerto didáctico mostra e pon en valor o noso patrimonio cultural musical, e fala da música como manifestación cultural esencial para os humanos. Está dirixido a todo tipo de público, pois achega información relevante sobre a nosa evolución como especie e os procesos de evolución cultural.
Ao rematar haberá agasallos para o público asistente.