Rematadas as obras de mellora do parque infantil de San Lázaro

16 Novembro 2022

O Concello de Noia informou do remate das obras para mellorar o parque infantil de San Lázaro, que, segundo fan saber fontes do Consistorio, “xa loce dun novo aspecto máis renovado e acolledor tras os traballos realizados nas instalación”.

O investimento foi de máis de 48.000 euros e estivo financiado pola Dirección Xeral de administración Local, Vicepresidencia da Xunta de Galicia e o Concello de Noia.

As obras contemplaron a instalación da cuberta, a renovación da soleira, a aplicación de caucho anti-impacto na zona de xogo, así como a renovación e pintado da valla perimetral e das atraccións. Ademais, en vindeiras fases está previsto que siga mellorando o parque.

Tras a apertura, o alcalde de Noia, Santiago Freire, manifestou que “a veciñanza e as familias xa poden gozar dun espazo de xogo en San Lázaro máis seguro e acolledor”.

Outros artigos

Rescate dunha persoa no Malecón de San Lázaro, en Noia

Os bombeiros do Parque Comarcal de Boiro foron alertados ás 20:30 horas da tarde deste domingo 21 de abril, da caída dunha persoa ao río, no Malecón de San Lázaro, concello de Noia. Na súa chegada, participaron na intervención realizando tarefas de salvamento para o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...