Remata cunha inserción do 57% o Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2021/22

21 Novembro 2022

O Concello de Boiro finalizou a edición 2021-2022 do seu Programa Integrado de Emprego. O programa dirixiuse exclusivamente a mulleres e contou con financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Segundo confirmaron fontes do Concello, o desenvolvemento deste iniciativa permitiu mellorar o nivel de empregabilidade de 100 mulleres da comarca do Barbanza a través do traballo realizado en actividades formativas, orientacións laborais individualizadas, prácticas en empresas e prospección laboral.

Impartíronse un total de 850 horas de actividades formativas vinculadas ao sector da hostalaría e a hostalería, a limpeza, a industria cárnica e conserveira, a alimentación e, tamén, o comercio e a administración. Durante a execución do programa, un total de 57 persoas atoparon emprego en empresas vinculadas á formación impartida.

O Concello de Boiro, coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal, iniciará proximamente un novo Programa Integrado de Emprego dirixido exclusivamente a mulleres na anualidade 2022/2023.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.