Prevención de atropelos en Dodro

08 Novembro 2022

Desde a concellería de Servizos Sociais e Benestar de Dodro seguen as xornadas informativas. O concelleiro da área, Xoán Bautista Mariño Abuín (BNG) organiza unha charla demandada desde hai tempo.
Neste caso terá lugar unha sesión sobre a PREVENCIÓN DOS ATROPELOS o próximo xoves 10 de novembro impartida por persoal da Dirección Xeral de Tráfico. Será ás 19:00 H no local do Montiño da Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño que ofrece as súas instalacións de novo para un evento municipal.
O concello de Dodro tiña na Casa do Regadío un local amplo mesmo para actuacións de música, conferencias ou teatro pero desmantelado no anterior goberno do PP polo que agradece sempre as instalacións da Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño.
O tenente de alcalde Xoán Bautista Mariño indica que a mobilidade no concello é alta pola situación xeográfica que sitúa Dodro a unha media hora de Pontevedra, Ribeira ou Compostela por estrada. Tanto habitantes como xente de paso empregan 40 quilómetros de vías públicas da Xunta (AC-305, AC-306, AC-307 e a AG-11) e da Deputación (DP-3301 e DP-3302) a parte das innumerables pistas agrarias, forestais e camiños de comunicación entre as 24 aldeas.

Iniciouse no goberno bipartito BNG – PSOE a creación de beirarrúas na arteria comarcal AC- 305 e para seguir tamén coa seguridade para vehículos, bicicletas e sobre todo peóns necesitamos insistir sempre na educación para que todo o mundo, conduza ou non, sexa respectuoso nas vías, coa sinalización e así poder eliminar os atropelos e outros sinistros.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.