Porto do Son súmase á X Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero

07 Novembro 2022

Achégase a conmemoración do 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e os nosos concellos xa están a preparar actividades para celebrar e visualizar esta data, por unha banda, e compartir recursos e metodoloxías para erradicar esta lacra, poñendo o foco nas novas xeracións, pola outra. Sen ir máis lonxe o Concello de Porto do Son confirmou a súa participación na X Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero, que se celebra este ano baixo o lema de Camiño ao respecto e cuxos detalles podemos ver xa en andaina.caminoaorespecto.gal. O Concello explicou á cidadanía que terá dous xeitos de participar:

-Do 13 a 20 de novembro. As persoas interesadas poden participar camiñando por Porto do Son, ao “seu ritmo” e pola ruta que elixan pre-deseñada a través de www.portodoson.gal/rutas ou deseñada ao seu antoxo.

-20 de novembro ás 11:00 da mañá dende o Monte do Gozo.

Quen queira participar pode solicitar o dorsal personalizado na web andaina.caminoaorespecto.gal.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.