Pobra convoca o concurso de ideas para a escultura en homenaxe ás vítimas da violencia machista

08 Novembro 2022

Este mércores, 9 de novembro, nas habituais recepccións da S.S. no Vaticano, o Papa Francisco vai recibir ao Alcalde de Begonte, José Ulla, e ao Tenente de Alcalde, Luis Luaña, que informarán á S.S. de que o Belén de Begonte, declarado de interese turístico galego, cumpre o seu primeiro medio século de existencia desde a súa fundación en 1972 polo daquela crego de Begonte, José Dominguez Guizán e o artista José Rodríguez Varela.

Entregaranlle ao Papa unha escultura do artista lucense Cesar Lorenzana, maqueta do monumento que se vai instalar na praza Irmáns Dominguez Guizán, á beira do belén, como primeiro dos elementos que van situarse en cada unha das parroquias do Concello como símbolo de que todos os camiños de Begonte conducen ata o Belén. E este primeiro monumento reflicte, precisamente, unhas botas de peregrino ou camiñante que, procedente de calquera punto de Begonte, de Galicia ou do mundo, ten por destino o Belén de Begonte.

Á vez que invitarán ao Papa a visitar o Belén na primeira ocasión que visite Galicia, entregaranlle ampla información sobre o Belén: O libro publicado na colección Everest, libro con traballos premiados nos certames, programas, sinaladores de lectura e un pen coa gravación que en galego, castelán e inglés figura na web www.belendebegonte.es, gravado pola Fundación Tic da Deputación Provincial de Lugo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.