Outes celebra desde este xoves a XIII Muiñada A arquitectura Popular

23 Novembro 2022

A.C.C. Terra de Outes inaugura este xoves a exposición de fotografías “Hórreos de Outes”, acto que terá lugar ás 7 da tarde no IES Poeta Añón e co que dará inicio á XIII Muiñada, Xornadas sobre a arquitectura popular de Outes, que se desenvolverán ata o sábado, 26.
De seguido terá lugar unha conferencia a cargo do escritor Clodio González sobre a arquitectura popular. Ao que seguirá un ágape na cafetería de dito centro para todos os/as asistentes ao mesmo

O programa destas xornadas da XIII MUIÑADA. A ARQUITECTURA POPULAR DE OUTES é o seguinte:

 XOVES, 24. IES Poeta Añón

19.00 h.: Inauguración da exposición de fotos de hórreos de Outes.

19.30 h.: Conferencia: A arquitectura popular. Por Clodio González. Escritor e membro do padroado do Museo do Pobo Galego.

         VENRES, 25. IES Poeta Añón

11.15 h.: Conferencia: A catalogación da arquitectura popular de Outes. Xoán Mariño, investigador e escritor e Pilar Sampedro, primeira directora do IES Poeta Añón.

     SÁBADO, 26.Centro Social de Outes

19.00 h.: Presentación do libro “Os hórreos de Cando”, con Xoán Mariño, autor e Ramón Blanco, escritor.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.