Os socialistas de Ribeira piden arranxar un treito de beira esnaquizado en Carreira

17 Novembro 2022

O PSOE de Ribeira, a través do seu concelleiro-portavoz, José Manuel Vilas, presentou un rogo para ser debatido en pleno relativo ao estado no que se atopan as beiras na parroquia de Carreira, concretamente a beirarrúa dun treito da estrada veciñal que vai de Campos de Arriba a Pedra do Corniño (DP-7305 ao Campo de Fútbol da Guía), que, por causas descoñecidas, sufriu “un descalce importante nunha lonxitude duns oito metros por todo o ancho da beira”, segundo explican os socialistas. O grupo engade que “a consecuencia dunha posíbel fuga de auga, a lousa de base perdeu apoio, causando rotura das baldosas, e tamén do muro de peche da finca lindeira coa vía pública, facendo intransitábel ese tramo peonil”.

E engaden: “A dita beirarrúa é frecuentada por unha importante cantidade de persoas, de tódalas idades, pais e rapaces que van ao Colexio, ou ao Campo de Fútbol de Carreira, camiñantes varios, e de forma diaria”. A situación é aínda máis grave, opinan, “se temos en conta que a estrutura rompeu hai dous meses e non se ven visos de actuación no lugar a actuar; iso si, colocáronse dous conos e unha cinta de obra, en modo disuasorio”.

No rogo PSOE de Ribeira pide que “por parte de quen corresponda sexa ordenado realizar o tramo de beira desfeito (con recheo ou cun forxado), coa máxima celeridade posíbel, por ser zona de tránsito habitual”.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.