O vindeiro 6 de decembro celebrase o XXXV Ciclocross Concello de Boiro do Club Ciclista Barbanza

30 Novembro 2022

O Concello de Boiro colabora coa Club Ciclista do Barbanza na edición XXXV do Ciclocross Concello de Boiro 2022 que terá lugar nas inmediacións do estuario do río Coroño o vindeiro 6 de decembro. Na presentación, que tivo lugar esta mañá, participaron a concelleira de Deportes, Dores Torrado, o presidente do Club, Ricardo Riveiro, e o técnico de ciclocross da Federación Galega de Ciclismo, Berto del Rio.
Esta proba deportiva está preparada para as categorías Cadetes, Xuveniles, Elite, Sub 23, Master 30-40-50-60, todas elas en categorías masculina e feminina. “É moi satisfactorio ver como esta proba, que abarca unha gran cantidade de deportistas, se mantén no tempo”, afirmou Ricardo Riveiro.
O circuíto, duns 3.000 metros, estará montado nas inmediacións do Río Coroño, collendo o pinar, un anaco da praia de Barraña e tamén parte da estrada. “Tratase do circuíto máis lonxevo de todo Galicia e que se mantén no tempo”, afirmou o técnico da Federación, que anunciou que se trata da décima proba puntuable da Copa Galicia e que é de carácter nacional.
Está previsto que participen arredor de 400 participantes, principalmente de Galicia pero tamén de outras partes de España. “Esta proba é unha mostra da constancia no traballo e do alto nivel organizativo que caracteriza ao Club Ciclista Barbanza”, afirmou a concelleira de Deportes, Dores Torrado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.