O xurado do VI Concurso Fotográfico de Micoloxía ditaminou cales son as instantáneas gañadoras
desta actividade enmarcada nas Xornadas Micolóxicas postas en marcha un outono máis por parte da Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra).
A primeira distinción recaeu nunha fotografía da autoría de Sergio Pérez Boullón, a segunda foi parar a unha instantánea tomada por Tomás Rodríguez Novoa e a terceira adxudicouse a unha imaxe de José Luís
Gigirey González.
Os premios entregaranse no 6 de novembro e consisten en vales de compra no comercio local, que suman un total de 750 euros.
Estas fotografías incorporáronse á mostra que acubilla a casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler con instantáneas de anteriores convocatorias do certame. As visitas pódense efectuar na primeira
quincena do mes de novembro, de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.
Ribeira e as parroquias vibrarán este Nadal cunha axenda repleta de actividades
O Concello de Ribeira, a través da Concellería de Cultura e Festexos e coa colaboración doutras áreas como Comercio, Turismo e Xuventude, elaborou este ano unha nutrida e diversa programación de Nadal con firme de vontade de descentralizar a axenda (haberá actividades...