O Rotogal Boiro Voleibol conxúrase para recibir ao Melilla Sport Capital

11 Novembro 2022


M. A.- Un dos ósos máis duros de roer da Superliga visita mañá, ás 19.00 horas, o Pavillón da Cachada. O Melilla Sport Capital, vixente subcampión da competición, desafía a un Rotogal Boiro Voleibol que buscará os primeiros puntos do curso coas interrogantes que se debuxan polo estado físico de varios dos seus xogadores. O técnico Emilio Palacio contará coas baixas de Martín Casais e Gaby del Carmen, mancados, así como coas dúbidas de Juan Quelle e Pablo Nieto, que padeceron procesos febrís esta semana.

Unha das cuestións que máis preocupa na Cachada é o estado físico de Gaby del Carmen, que se lesionou nun nocello o pasado sábado durante o duelo ante o Conectabalear Manacor. Acerca do
receptor vigués, Emilio Palacio sinala que “en principio, ten unha escordadura, pero vánselle facer máis probas estes días para descartar lesións de gravidade”.

O Rotogal Boiro Voleibol segue estudando opcións no mercado comunitario, aínda que, tal como
explica Emilio Palacio “está a falarse con xogadores; estamos a tentar cerrar algo canto antes pero dependemos tamén de ter todo correcto e que as subvencións entren. Non queremos cometer erros que poidan prexudicar aos xogadores”.

Acerca do Melilla Sport Capital, o técnico do Rotogal Boiro Voleibol indica que “é un dos equipos que estará arriba. Reforzouse nas posicións de colocador e oposto para facer máis rotacións. Vencerlles será difícil, pero tentaremos xogar moito co saque. Os nosos mellores momentos en Manacor chegaron cando arriscamos e diriximos o saque, pero tamén hai que ter en conta que o ataque de Melilla tamén é máis forte que o do anterior rival”.

O Melilla Sport Capital debutou esta semana en competicións europeas. Fíxoo cunha vitoria ante o Horodok en Polonia por 0-3. Os norteafricanos, vixentes campións da Copa, manteñen o bloque da pasada campaña, no que destaca o tridente arxentino formado polo receptor Giustiniano, o oposto Federico Martina e o colocador Riganti. Ademais, tamén sobresaen outros xogadores como o central Jean Pascal Diedihou e o colocador Ignacio Luengas.

Precedentes
Tempada 2021-2022

Melilla, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 2
Rotogal Boiro Voleibol, 2-Melilla, 3
Tempada 2020-2021
Rotogal Boiro Voleibol, 1-Melilla, 3
Melilla, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 1

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.