O proxecto Mulleres fronte á emerxencia climática contará con novas sesións na Pobra

08 Novembro 2022

Este mes de novembro proseguen na Pobra do Caramiñal as sesións do proxecto Mulleres fronte á emerxencia climática, iniciativa impulsada por Feitoría Verde que analiza a relación entre o xénero e o quecemento da Terra, en busca de alternativas para construír sociedades máis xustas e igualitarias. As vindeiras citas terán lugar nos días 12 e 26, das 17.00 horas en diante, na aula de estudo situada no andar superior da Biblioteca Municipal. Non se require a inscrición previa.

Segundo lembra o Concello da Pobra, os obxectivos son “facilitar a transición ecolóxica cara á sociedade e comunidades baixas en carbono, valorar o potencial das mulleres como axentes de cambio na descarbonización da súa contorna, dinamizar as contornas rurais centrando o traballo nas súas mulleres e potenciar a concienciación social dos grupos participantes sobre a cuestión de xénero”.

Conta co financiamento de diversas entidades, entre elas a Administración local pobrense, a través da Concellaría da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), e da Deputación da Coruña ao abeiro das subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2022.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.