O pleno de Pobra deste xoves sáldase con acordos a prol da sanidade pública e da loita contra a violencia machista

25 Novembro 2022

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada deste 24 de novembro a sesión ordinaria do pleno da Corporación. Entre os acordos formalizados figura unha moción do Goberno local para apoiar a iniciativa popular de SOS Sanidade Pública para garantir a calidade asistencia na Atención Primaria. Tamén foi aprobada unha moción para “impulsar compromisos económicos e orzamentarios para garantir a atención á violencia machista no contexto de crise de prezos e de rearme do machismo”.

A orde do día foi a que figura a seguir:

  1. Aprobación actas anteriores (25 de novembro, 22 de decembro de 2021, 13 de xaneiro, 27 de xaneiro, 1 de febreiro e 9 de febreiro de 2022).
  1. Moción do equipo de Goberno relativa a proposición en apoio á ILP promovida por SOS Sanidade Pública para garantir a calidade asistencial na Atención Primaria. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).
  1. Moción do grupo municipal do BNG relativa á reivindicación do 25 de novembro e á necesidade de impulsar compromisos económicos e orzamentarios para garantir a atención á violencia machista no contexto de crise de prezos e de rearme do machismo. Denegada a emenda presentada polo PP con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE). Aprobada a moción orixinal con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).
  1. Moción do grupo municipal do PP en relación ó estado da Torre de Bermúdez. Aprobada por unanimidade.
  1. Moción do grupo municipal do PP con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).
  1. Moción do grupo municipal do PP para solicitar ó goberno de España á no supresión do delito de sedición. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).

Deseguido, procedeuse coa parte de decretos e informes da alcaldía para, finalmente, dar paso á quenda de rogos e preguntas.

Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.