O Lustres Rivas acolle este sábado un novo espectáculo de contacontos da man de Deza Music

16 Novembro 2022

O Concello de Ribeira segue coa programación dos sábados pola mañá no Centro Cultural Lustres Rivas para dinamizar a lectura e, coma sempre, promover o uso e transmisión do galego nas novas familias. A proposta deste sábado 19 de novembro vén da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, fondo de proxectos culturais FalaRedes en galego. Trátase de Xogar e aprender en galego mola!, de Deza Music.

Xogar e aprender en galego mola! é un espectáculo participativo con música, xogos, concursos e moita diversión, co que promover o uso da lingua galega entre os nenos e nenas. A miña familia é a mellor e Somos familia son as propostas coas que os participantes gozarán dunha magnífica xornada na que aprender e xogar.

A función dará inicio ás doce do mediodía e, ao remate do espectáculo, haberá, como xa é costume, reparto de agasallos para os nenas e as nenas que acudan na mañá do sábado.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...