O inicio da tramitación urbanística do novo polígono do Son, máis preto

03 Novembro 2022

Estes días tivemos ocasión de coñecer novos detalles do futuro polígono industrial de Porto do Son, ao que se lle está a buscar un marco de desenvolvemento que garanta unha tramitación máis áxil e flexíbel. Así o deron a coñecer o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, e o alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo, que veñen de manter unha xuntanza para falar sobre o futuro complexo empresarial do municipio e da forma máis axeitada de abordar a súa tramitación. Segundo fixeron saber, estase a valorar a vía de aproveitar as posibilidades que ofrece a nova Lei de áreas empresariais de Galicia, aprobada en outubro e que entrará en vigor o próximo 10 de novembro.

Durante a reunión, na que participaron tamén técnicos de ambos organismos, o rexedor presentou o avance do estudo de viabilidade do referido parque, que prevé desenvolver un ámbito de 90.000 metros cadrados e no que o propio concello actuará como promotor.

Ao respecto, Heriberto García propuxo realizar a tramitación do polígono a través dun plan estruturante de ordenación de solo empresarial (PEOSE), figura creada na nova lei co fin de garantir a axilización dos trámites da documentación e flexibilizar a súa aplicación, “xa que este plan define as liñas básicas do parque e facilita a adaptación dos viarios e parcelas ás necesidades existentes no momento do seu desenvolvemento, permitindo incluso pequenos reaxustes no ámbito do polígono empresarial”.

Con esta reunión péchanse os traballos previos ao inicio da tramitación urbanística do parque de Porto do Son, inseridos no marco do acordo entre o concello e o IGVS e en virtude do cal o organismo autonómico asesoraría tecnicamente ao Goberno local no desenvolvemento da futura área empresarial.

Ademais, persoal do IGVS seguirá colaborando na tramitación do referido plan estruturante, que deberá presentar o concello coruñés.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.