O Grupo Municipal de Teatro de Ribeira recala en Rianxo cos enredos do rei Telesforo

20 Novembro 2022

O Grupo Municipal de Teatro de Ribeira achégase este mes de novembro ao Auditorio de Rianxo coa súa comedia teatral O rei Telesforo busca noiva (e quere noivo). A función será o sábado 26 de novembro ás 20.30 horas, con entrada de balde até completar capacidade (a recollida de entradas, cun máximo de dúas por persoa, habilitarase dende unha hora antes da función na billeteira do Auditorio). Trátase dunha proposta enmarcada na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A agrupación ribeirense, formada por unha vintena de actores e actrices, comezou a súa xira de outono representando o espectáculo O rei Telesforo busca noiva (e quere noivo). Logo da estrea no Auditorio Mingos de Pita de Melide o pasado un de outubro, a compañía visitou o concello de Rois o 22 de outubro no marco da Mostra de Teatro local e actuou no Auditorio Municipal de Narón o 13 de novembro. Agora o grupo recala no Auditorio Municipal de Rianxo o 26 de novembro e no Coliseo Noela en Noia, o sábado dez de decembro. Todas as actuacións serán co espectáculo de O rei Telesforo que fora estreado en decembro do ano pasado en Ribeira ao longo de tres días con cheos nas tres funcións.

A obra trátase dunha comedia de enredo, esperpéntica e en verso e ambientada na Idade Media, a través dun texto colectivo realizado polos propios compoñentes do grupo de teatro, cunha duración de 90 minutos e recomendada a partir de 16 anos.

As actuacións tamén se atopan no circuíto da Rede Cultural da Deputación da Coruña e foron seleccionadas a través da mesma polos distintos concellos pero o grupo está en conversas tratando de pechar outras datas de cara á primavera para actuar en concellos como Teo, Vilagarcía ou Catoira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.