O Fab-Lab pobrense dinamizarase cun servizo de apoio técnico

29 Novembro 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal incorpora un novo servizo na Casa da Mocidade. O Fab-Lab alí situado contará a partir do día 1 de decembro con apoio técnico aos xoves, de 16.30 a 20.30 horas, e aos sábados, dende as 10.00 ata as 14.00 horas.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e o concelleiro da Mocidade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), indican que a finalidade é “dinamizar este espazo para que a cidadanía da contorna, con independencia da súa idade, faga uso das ferramentas ao seu dispor como son, por exemplo, as impresoras 3D”. Ofrecerase, ademais, asistencia para a fabricación dixital, elaboración de proxectos de prototipaxe rápida, deseño tridimensional e gravado con láser ou fresa, entre outras posibilidades.

Tamén se promoverán iniciativas comúns para aquelas persoas que non teñan un proxecto privado, pero queiran formarse ao tempo que demostran a súa creatividade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.