O Concello de Noia investirá 200.000 euros nas obras de mellora do edificio dos Xulgados

29 Novembro 2022

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou as dependencias do xulgado de Noia, acompañado polo alcalde do municipio, Santiago Freire, e a concelleira de Facenda, Laura Salgado García.
O motivo da visita foi a análise das obras que se van a realizar tanto no interior coma no exterior do edificio actual, unha reforma que conta cunha inversión de preto de 200.000 euros e coa que se mellorarán as condicións de impermeabilización, illamento e climatización do edificio.
Nas propias dependencias, a comitiva reuníuse coa xuíza para abordar o futuro traslado do arquivo do xulgado a dependencias municipais, que se realizará nas vindeiras
semanas para poder levar a cabo as obras. Finalmente, buscáronse novas alternativas para a implantación dun novo xulgado na localidade ao longo dos próximos anos, onde o Concello comprometeuse “a facilitar e poñer a disposición unha nova parcela ou edificio para tal fin”.
Tras visita, Freire destacou que “o Concello de Noia porá todos os medios posibles a disposición para que a nosa vila poda contar pronto cuns reformados e modernos xulgados”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...