O Concello de Boiro propón ao pleno unha actualización da Ordenanza de Servizos Sociais

08 Novembro 2022

O Concello de Boiro propón para o seu debate e aprobación no pleno ordinario do mes de novembro (este xoves día 10 ás 20.00 horas), unha modificación da Ordenanza de Servizos Sociais. O obxectivo desta proposta é “actualizar o texto e adaptalo as necesidades actuais”, sinalaron fontes do Goberno local.

O texto que na actualidade está en vigor data do ano 2014 polo que “é preciso actualizar algúns dos artigos e engadir unhas disposicións adicionais”, explica o Concello, engadindo que “a modificación nace das eivas e novas necesidades que van xurdindo na prestación do traballo que se presta por parte dos servizos sociais comunitarios”, afirma o concelleiro Raúl Treus, que fai saber que novas prestacións a nivel autonómico coma o RISGA; ou nacional coma o IMV; deben ser consideradas na nova ordenanza, así coma o réxime de compatibilidades e incompatibilidades, ao que se engade a necesidade de actualizar os termos e as definicións das prestacións (por exemplo antano os alimentos eran as principais prestacións de necesidade pero o termo evolucionou segundo os requirimentos da sociedade e agora son os produtos de hixiene, farmacéuticos, téxtil ou honorarios de profesionais do sector sanitario).

O concelleiro de Servizos Sociais sinala que se trata “dunha ordenanza fundamentalmente técnica”, elaborada polas traballadoras sociais do departamento pero que “é de suma importancia xa que rexerá o futuro das persoas e familias boirenses que máis o precisan”.

Con este novo texto a Corporación municipal recoñece a posibilidade de actuar de oficio ante as necesidades, así coma tamén establecer as bases que rexerán as futuras vivendas sociais tutelas ou de emerxencia. “Esa modificación do texto que presentamos para a súa aprobación no pleno introduce novas garantías e recoñece novos servizos necesarios”, afirma o alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.