O Concello de Boiro organiza este xoves na Cachada a I Olimpíada de Xogos Tradicionais dos centros educativos do municipio

09 Novembro 2022

O Concello de Boiro organiza este xoves 10 de novembro de 2022 a I Olimpíada de Xogos Tradicionais Intercentros, aberta á participación dos centros de ensino do municipio. A concelleira, Dores Torrado, e a coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Santa Baia, Ana Ramos, realizaron na mañá deste 9 de novembro a presentación da actividade. Segundo confirmaron, terá lugar no Parque da Cachada, en horario de 10.15 a 13.00 horas e nela van participar os CEIP de Escarabote, Praia Xardin, Santa Baia, Santa María do Castro, Abanqueiro e Cespón; o IES Espiñeira; o Club de Bolos Boiro, a Asociación de Xogos e Deportes Tradicionais de Triñáns; Brinquedia – Rede Galega do Xogo Tradicional; e o EDLG dos centros educativos.

Torrado e Ramos explicaron tamén que a xornada vai contar cunha programación de xogos guiados na que haberá o xogo dos bolos, carreira de sacos, brilé, tiro á corda, carreira de zancos e pións, ao que se sumará unha zona de xogo libre con lanzamento de ra, chave, banco, conos… xogos de mesa, xogos de precisión como o caldeiro, as pontes, aros.. e outros xogos de forza como o lanzamento de boina e tamén xogos por parellas.

A xornada ten como obxectivo promover e dar a coñecer entre a mocidade os distintos xogos tradicionais galegos. “Detectamos nos centos que se perderon moito os xogos tradicionais, as novas xeracións non os coñecen e non saben as normas, polo que decidimos dalos a coñecer a través desta actividade”, recoñeceu Ana Ramos.

Outros artigos

A Copa Galega de Fútbol Gaélico xógase en Ribeira o 26 de abril

Este 16 de abril celebrouse en Ribeira a presentación da Copa Galega de Fútbol Gaélico que se vai a celebrar o vindeiro sábado 26 de abril no Complexo Deportivo da Fieiteira; á presentación acudiron, o concelleiro de Deportes Xabier Vidal, o segundo tenente de...

+

Éxito de participación do obradoiro de pesca submarina de Muros

Este sábado 12 de abril a praia de Somorto en Esteiro (Muros) acolleu o I Taller de Iniciación á Pesca Submarina, impartido por Soraya Hermida e Belén Díaz. A experiencia formativa “contou cunha gran acollida, esgotando todas as prazas disponíbeis, e a xente marchou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...