O CD Boiro e Krusadas Boirenses realizan unha campaña de recollida de produtos de hixiene

25 Novembro 2022

O Club Deportivo Boiro e Krusadas Boirenses, coa colaboración do Concello de Boiro e Cruz Vermella, realizan unha campaña solidaria de recollida de produtos de primeira necesidade de hixiene e limpeza. Na presentación da campaña, que tivo lugar esta tarde no campo municipal de Barraña, participaron o concelleiro de Servicios Sociais, Raúl Treus, o presidente do CD Boiro, Marcos Martinez; o membro de Krusadas Boirenses, Estevo Silva, e a coordinadora local da agrupación de Cruz Vermella, Natalia Romero.
A recollida de produtos será o vindeiro domingo 11 de decembro no partido que o CD Boiro disputa en Barraña contra o Ribadeo. Ademais, poderanse entregar produtos no Concello de Boiro e nas dependencias de Cruz Vermella no Centro Social de Boiro.
Trátase dunha recollida moito menos chamativa que a de xoguetes ou alimentos pero é moi necesaria, por tratarse de cousas imprescindibles e moi custosas. Os produtos que se poden aportar son os de limpeza do fogar, tales como deterxente, frega chans, frega pratos, desinfectantes…; hixiene para bebés, como cueiros ou champús; hixiene íntima de muller, como compresas e tampóns; hixiene íntima de home como máquinas e xeles de afeitado; hixiene familiar, tales como son champú, xel de ducha, pasta e cepillos de dentes, papel hixiénico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.