O BNG recupera o histórico mural de Nunca Máis en Noia

12 Novembro 2022
20 anos despois da maior catástrofe ecolóxica no territorio galego, o BNG restaura o símbolo da mobilización social de Nunca Máis.

Este domingo cómprense 20 anos desde aquel 13 de novembro de 2002 no que o Prestige ficaba á deriva a poucas millas das costas galegas.

A desgraza derivada do seu afundimento e das toneladas de chapapote que inundaron o litoral do país causou un forte impacto na sociedade galega, derivando na histórica mobilización do colectivo Nunca Máis.

Unha resposta social que ten como símbolo en Noia o mural realizado por integrantes do BNG naqueles meses de efervescencia na sociedade galega, e que agora foi recuperado pola formación nacionalista xusto na fin de semana na que se cumpren dúas décadas da catástrofe.

O histórico mural atópase na beira da ría de Muros e Noia, no municipio noiés, e tiña unha situación de degradación derivada do paso dos anos. Semanas atrás eliminouse a vexetación que impedía a súa visibilidade e o mural recuperou o seu sitio privilexiado no porto de Compostela.

Este sábado, véspera do aniversario do accidente do petroleiro, integrantes do BNG da comarca de Muros e Noia achegáronse ás inmediacións da histórica pintada coa intención de que permaneza “visible e esplendorosa para a lembranza do acontecido no ano 2002”.

Os nacionalistas da comarca lembran que “desta desgraza emerxeu un movemento de dignidade sen precedentes” como foi Nunca Máis, e que polo tanto “é necesario render homenaxe a un episodio histórico para o país como aquel, así como non permitir o esquecemento do acontecido”.

Por ese motivo, o BNG de Muros e Noia tomou a iniciativa para a recuperación do emblemático mural escollendo unha data tan sinalada, na que a desgraza volve a estar presente na conciencia do pobo galego.

A forza nacionalista considera ademais, que “é necesario que a memoria perdure no tempo”. “O histórico mural na ría é unha forma perfecta de non esquecernos do acontecido”, afirman. Por iso, sinalan que asegurarán o seu posterior coidado “para que sirva de símbolo e lembranza no futuro.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...