O BNG propón en pleno apoiar ás traballadoras do SAF na súa loita por acadar un convenio colectivo digno

09 Novembro 2022

O BNG de Boiro, a través da súa voceira Raquel Suárez Regades, presentou unha moción para o seu debate no pleno da Corporación relativa ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, SAF. Segundo fai saber o grupo nacionalista, estas traballadoras levan máis de dez anos sen renovar o seu convenio colectivo, “o que supón que a día de hoxe estean a traballar en condicións bastante precarias”, malia “o traballo esencial que desempeñan para a sociedade e que merece ser recoñecido a todos os niveis, pero máis aínda a través dunhas condicións laborais dignas do servizo que desempeñan”.

O BNG engade que “a maioría dos concellos nos que prestan o seu servizo non fixeron nada por mudar as súas condicións laborais nin negocian coas empresas das que dependen as traballadoras de axuda no fogar para que cumpran co convenio, nin fan nada por municipalizar un servizo que, deste xeito, melloraría de xeito considerábel as condicións laborais que teñen na actualidade”.

O grupo explica tamén na proposta que “a maioría das empresas de servizo de axuda no fogar non está a cumprir co convenio laboral actual, pero esta situación vese agravada polo feito de que a día de hoxe, por parte dalgúns sindicatos, asinouse un preacordo para un novo convenio colectivo coa patronal, no que aínda se segue a aumentar a precariedade das condicións laborais das traballadoras de axuda no fogar. Isto ponse de manifesto en acordos como que non se recoñeza o 100% das baixas ou negándoselles a posibilidade dunha revisión salarial, o que impide que poidan conseguir unhas condicións laborais dignas”. Na moción do BNG de Boiro pídese amosar o apoio do pleno da Corporación do Concello ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar na súa loita por conseguir un convenio colectivo digno.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...