O BNG propón bonificacións do IBI e do ICIO nas melloras da accesibilidade e da eficiencia enerxética das vivendas noiesas

24 Novembro 2022

O candidato á Alcaldía de Noia, Ricardo Suárez, sinala o aforro de enerxía e a eliminación de barreiras arquitectónicas como “actuacións fundamentais”

“As familias noiesas necesitan adaptarse ao novo contexto enerxético”, afirma Ricardo Suárez, candidato do BNG á Alcaldía de Noia, e por iso, sinala, “é necesario” que a Administración local “non poña trabas a aquelas actuacións privadas que se encamiñen cara a unhas cuestións que van en beneficio de todas as persoas como son a mellora da eficiencia e da autonomía enerxética das familias”.

“Mellorar as características de eficiencia enerxética ou instalar equipos de xeración de enerxía renovable nunha vivenda non só axuda á economía das familias a medio prazo, senón que tamén supón avanzar cara ao modelo enerxético do futuro”, explica Suárez. “É por iso que apostamos polas bonificacións fiscais deste tipo de obras, para incentivar as actuacións e axudar ás familias de cara ao futuro”, afirma.

O portavoz do BNG leva estes argumentos tamén ao eido da accesibilidade. “Non podemos gravar a accesibilidade e o benestar das persoas maiores, con mobilidade reducida ou con discapacidade, esas son taxas do pasado, a fiscalidade debe ser tamén un elemento de estímulo da mellora da calidade de vida”, di Suárez.

Por estes motivos, o BNG levará ao pleno municipal deste xoves unha proposta de modificación das ordenanzas dos impostos municipais sobre os bens inmobles (IBI) e sobre as construcións, instalacións e obras (ICIO) para bonificar este tipo de actuacións. “Trátanse de actuacións fundamentais para a mellora da economía e da calidade de vida das familias”, asevera o candidato noiés do BNG.

Desta forma, de saír adiante a proposta nacionalista, terá lugar en Noia unha bonificación de 90% da cota íntegra do ICIO nos inmobles nos que se executen actuacións de cara á mellora das condicións de acceso e habitabilidade das persoas con mobilidade reducida ou discapacidade.

Así mesmo, aprobaríanse bonificacións de entre 50 e 90% da cota íntegra do ICIO nos inmobles nos que se executen actuacións de cara á mellora da eficiencia enerxética, e de 90% nos que se instalen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico de enerxía solar.

Ademais, gozarían dunha bonificación de entre 20 e 50%, en función do valor catastral da vivenda, de forma que a rebaixa sería maior para as casas máis humildes, da cota íntegra do IBI durante tres anos e cun máximo de 400 euros anuais, naqueles inmobles nos que se instalen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico de enerxía solar.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.