O BNG pide no Parlamento compensar ao sector do mar polos arrastres das choivas na ría

30 Novembro 2022

O portavoz de pesca do BNG, a pobrense Rosana Pérez, alertou das consecuencias sobre o sector do mar polos arrastres das choivas á ría de Arousa, “trala importante vaga de lumes” e reclama “compensacións para o sector afectado”.

A través dunha pregunta ao Goberno autonómico no Parlamento, a nacionalista explicou que pasados uns días da estabilización dos graves lumes do pasado mes de agosto que queimaron máis de 2.200 hectáreas na comarca da Barbanza, representantes das confrarías e agrupacións de mariscadoras do norte da ría de Arousa fixeron público o seu temor pola afectación da ría e bancos marisqueiros.

Esta preocupación, xunto con outras demandas, afirmou a deputada, foi trasladada ao
conselleiro de Medio Rural a través dos alcaldes da Mancomunidade de Concellos de
Arousa Norte nunha reunión o 17 de agosto coincidindo co anunciou público de Augas de Galiza en Coordinación coa Consellería de Medio Rural para inspeccionar diferentes puntos afectados.

“Sen embargo”, explicou a nacionalista, “a principios de setembro coa chegada das primeiras choivas confirmáronse os peores presaxios e os restos dos incendios chegaron á ría de Arousa a través, principalmente, dos ríos Pedras, na Pobra do Caramiñal, e Coroño, en Boiro”.

“A Consellería de Medio Rural”, criticou a deputada, “apurouse a facer público que a turbidez da auga na ría non era produto da cinza e os propios técnicos do CIF de Lourizan afirmaron que se debía a terra dos camiños e sedimentos que había nos ríos, defendendo incluso que os sedimentos chegaron á ría antes dos incendios, versión coa que non concordaban os patróns maiores que insistían en que se percibía cinza en suspensión no mar”.

Pérez lembrou que logo das chuvias deste outubro e deste novembro, este mesmo luns a Confraría da Pobra do Caramiñal facía público que o banco marisqueiro da praia dos Raposiños tiña, nalgúns puntos, “unha capa de lodo e cinzas dun metro de altura”. A parlamentaria criticou que as actuacións de limpeza e mellora están a ser despregadas pola Confraría co apoio do Concello da Pobra e “sen que a Consellería do Mar se puxese aínda en contacto con eles”. Neste sentido, unha vez que a Confraría dese por perdido “gran parte do marisco”, Rosana Pérez preguntou ao Goberno galego polos medios que porá a disposición a Consellería do Mar para as confrarías afectadas e como serán abordados os dados nos bancos marisqueiros para a súa limpeza e recuperación.

Tras as preguntas da deputada do BNG, a Directora Xeral de desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, anuncio o compromiso da Consellería de convocar axudas para paliar as consecuencias provocadas polas choivas por “sedimentos, lodos e material vexetal acumulado”. Rosana Pérez recalcou que todos estes materiais aparecen o ano no que se producen os incendios ao igual que “os arrastres” tras as primeiras choivas. Na súa opinión, resulta “contraditorio que os técnicos aseguren que os materiais son previos aos incendios cando durante un gran número de anos nunca apareceran”.

Por outra parte, a deputada tamén replicou a Rodríguez que os datos referidos sobre o marisco recollido durante os meses de setembro até novembro “deben ser comparados cos recollidos en períodos diferentes, referencia que a Consellería do Mar non fixo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...