O BNG de Dodro solicítalle ao Estado investimentos para a posta en valor das Brañas de Laíño e as fincas da concentración parcelaria

17 Novembro 2022

O Concelleiro do BNG e tenente de alcalde, Xoán Bautista Mariño, fixo entrega ao deputado
Nestor Rego do documento onde se recollen as emendas aos OXE do 2023. “ Dodro é un
Concello privilexiado pola súa riqueza en biodiversidade. Temos un entorno natural que debe
ser protexido, conservado e coidado”, dixo o Concelleiro.
O BNG implicou nas súas emendas ao “Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto
Demográfico (dirección General de Costas y el Mar)”, ao “Ministerio de Agricultura, Pesca y
Alimentación” e ao “Ministerio de Cultura y Deporte” para implicar a todos os actores posibles e
poder acadar así as súas demandas.
O Concelleiro e o Deputado Nestor Rego explicaron que “a posta en valor das Brañas de Laíño
e as veigas de Dodro é unha demanda que beneficiaría non so a Dodro, senón tamén a
Padrón, Rianxo, Catoira, Valga e Pontecesures por ser o eixo vertebral do Ulla”.
Nestor Rego manifestou que “Esta é unha zona única galega protexida baixo a Rede Natura” e
concluíu afirmando que “O Estado debe protexer a biodiversidade como elemento clave da
riqueza da nosa comarca e da loita contra o abandono e a despoboación”.

O BNG de Dodro solicítalle ao Estado inversións para a posta en
valor das Brañas de Laíño e as fincas da concentración parcelaria.
“A formación nacionalista enmarca esta solicitude dentro das emendas feitas aos

Orzamentos do Estado”
O Concelleiro do BNG e tenente de alcalde, Xoán Bautista Mariño, fixo entrega ao deputado
Nestor Rego do documento onde se recollen as emendas aos OXE do 2023. “ Dodro é un
Concello privilexiado pola súa riqueza en biodiversidade. Temos un entorno natural que debe
ser protexido, conservado e coidado”, dixo o Concelleiro.
O BNG implicou nas súas emendas ao “Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto
Demográfico (dirección General de Costas y el Mar)”, ao “Ministerio de Agricultura, Pesca y
Alimentación” e ao “Ministerio de Cultura y Deporte” para implicar a todos os actores posibles e
poder acadar así as súas demandas.
O Concelleiro e o Deputado Nestor Rego explicaron que “a posta en valor das Brañas de Laíño
e as veigas de Dodro é unha demanda que beneficiaría non so a Dodro, senón tamén a
Padrón, Rianxo, Catoira, Valga e Pontecesures por ser o eixo vertebral do Ulla”.
Nestor Rego manifestou que “Esta é unha zona única galega protexida baixo a Rede Natura” e
concluíu afirmando que “O Estado debe protexer a biodiversidade como elemento clave da
riqueza da nosa comarca e da loita contra o abandono e a despoboación”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...