O 12 de novembro celébranse as I Xornadas de Degustación do Lirio de Ribeira organizadas pola Cooperativa Santa Eugenia en colaboración coa Asociación de Empresarios e a Asociación de Hostaleiros

A Cooperativa Santa Eugenia de Ribeira – OPP 83 organiza en colaboración coa Asociación de Empresarios e a Asociación de Hostaleiros de Ribeira unha xornada de degustación do lirio para o vindeiro 12 de novembro.
Neste caso, da I XORNADA DE DEGUSTACIÓN DO LIRIO, dende a OPP83 darán de xeito gratuíto
lirio fresco fileteado a cafeterías, bares e restaurantes do concello.
Así, e deste xeito, cada bar, cafetería e restaurante escollerá unha tapa para facer con Lirio. Un
dos requisitos fundamentais para formar parte desta xornada, tendo en conta a cultura da tapa
de Ribeira, é que a tapa será sempre gratuíta, só pagarán os clientes aos restaurantes que
decidan facer un prato co lirio para ese día e o engaden á súa carta habitual.
O horario para esta degustación das tapas do lirio será ao longo de toda a xornada do 12 de
novembro, así, e deste xeito, as veciñas e veciños de Ribeira e, os que visiten o concello durante
esta xornada, poderán degustar a tapa do lirio tanto ao mediodía como á noite.
Unha primeira edición que contou cun éxito de participación, xa que finalmente son 17 os
establecementos que participen nesta I XORNADA DE DEGUSTACIÓN DO LIRIO. Estará presente
A Recoveira coa súa tapa Non me chames Dolores chamame Lirio, que consistirá en Lirio recheo
de xamón con queixo afumado e tomatiño confitado, tamén estará A Caseira con Lirio en
escabeche de cabaza , A Fiestra Café-Bar con Lirio ao forno con patacas panadeiras en salsa de
limón, Brétema con Lirio rebozado e croquetas de Lirio, El Golimbreo con tempura de Lirio,
Esmorga con Roliños de arroz con Lirio e verduriñas, Retablo coa súa tosta de Lirio en tempura
con crema de cabaza, queixo de cabra, crocante de xamón e redución de Tarsus, Abuela Gloria
co seu The Lirio extreme, Café Plaza co seu Lirio adobado empanado, Tapería A De Maris coa
súa Fritura de Lirio aliñada, Cocoluche coa súa Empanada de Lirio, Zum Zum co seu Montadiño
de Lirio con salsa alioli, El Gourmet Alján coa súa tosta de Lirio con crema de tetilla e mango,
Casa Patrón co seu Lirio en gabardina con salsa de langostinos, Café Botavara coa súa Tosta de
Lirio con cebola caramelizada e puré de pementos, Tío Pepe co seu TíoPepeBurguerfish e o Bar
Morrison co seu Lirio rebozado.

Esta acción ten como obxectivo iniciar unha estreita colaboración entre a OPP 83 e a hostalería
de Ribeira, co fin de promover xornadas en épocas de menor afluencia para a hostalería e poñer
en valor o peixe fresco de Ribeira. Esta será a primeira Xornada pero o obxectivo é propoñer
accións semellantes ao longo do ano.