Novo número, o 232, de Código Cero, a nosa revista de ciencia e tecnoloxia de Galicia

30 Novembro 2022

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ás distintas mostras do potencial tecnolóxico galego que puido verse nas nosas cidades. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Arrinca a terceira edición do proxecto Talentos Inclusivos (CITIC e ASPACE Coruña)
– A Deputación da Coruña, referente en eAdministración segundo un informe autonómico
– UVigo Motorsport dá forma a un revolucionario monopraza de altas prestacións
– O Proxecto Nós de Intelixencia Artificial e lingua galega recibe ao apoio do Goberno
– SATEC mostra como crear tecnoloxías rápidas e cun menor custe
– A Olimpíada Informática Galega 2023 quece motores (celébrase en febreiro)
– Fernando Suárez (CPEIG) analiza a chegada de Elon Musk á rede social Twitter
– A Coruña é oficialmente a candidata galega para acoller a Axencia de Intelixencia Artificial
– Impulso da Xunta e a UDC ao Edificio Intelixente do Campus de Ferrol
– O Foro de Talentia Summit puxo o broche de ouro á feira de talento compostelá
– A edición 2022 das Xornadas de Automatización Industrial (JAI) foron un éxito de participación
– Xa se poden solicitar os bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerábeis
– Medra o uso de tecnoloxías de Intelixencia Artificial por parte das empresas galegas
– A cultura galega deu este mes de novembro importantes mostras de vitalidade na Rede
– Chega un xogo xacobeo para mellorar a aprendizaxe da fonética inglesa

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Valentía política”. José Manuel Pena

“Valentía política”. José Manuel Pena

Salen de sus hogares, todas las semanas, en busca de alimentos, medicamentes, bonos para viajes o alguna que otra ayuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acuden a alguna ong ó entidad social que las ayudan desde hace décadas e incluso, a algunas de...

“La felicidad”. José Antonio Constenla

“La felicidad”. José Antonio Constenla

En este mundo tan dado a poner días, etiquetas y estadísticas a la vida, lafelicidad no podía ser menos y la Red de Soluciones para un DesarrolloSostenible, dependiente de Naciones Unidas, ha establecido una serie decriterios que permiten medir si un país ofrece...