Noia dinamiza o seu comercio a través dunha nova edición do ‘Sábado negro’ con descontos nos establecementos locais

11 Novembro 2022

O Concello de Noia colabora na promoción do comercio local a través da que será a décimo segunda edición do ‘Sábado Negro’ no que participarán máis de 30 establecementos do municipio.
A iniciativa foi presentada esta mañá nun acto no que participou a edil de Comercio, Laura Salgado, acompañada por representantes de Noia Histórica, entidade organizadora Os locais adscritos na presente edición da iniciativa ofrecerán todos os seus produtos cun 20% de desconto e modificarán o seu horario habitual mantendo as súas portas abertas á clientela ata as 21.30 horas.
Asemade deste 20% de desconto, os consumidores poderán facer emprego dos Bono Activa Comercio da Xunta de Galicia para obter unha rebaixa maior no importe das súas compras.
Ademais, a xornada contará con música e animación polas rúas e con cada compra, a persoa consumidora recibirá un vale canxeable por un chocolate na chocolatada que terá lugar no Curro a partir das 18.00 horas.
A concelleira de Comercio, Laura Salgado, sinala que a través desta iniciativa “buscamos apoiar ao noso tecido comercial ao mesmo tempo que ofrecer unha xornada de lecer para a nosa veciñanza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“No empiecen a leer si creen que estas líneas son las del comienzo de una historia. Este no es el comienzo de tal cosa. Tampoco lo es de unas memorias. Ni siquiera es una evocación. Estas líneas tratan tan solo de una brisa que pasa. Las brisas pasan. Se suceden unas...