Noia celebrará o Festival Benéfico de Nadal cun tributo a Queen no Liceo

24 Novembro 2022

O Concello de Noia vivirá o vindeiro 11 de decembro unha festa da música solidaria. Será a partir das 19.00 horas no Liceo. Todos os fondos recadados na cita irán en beneficio á Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH) e á Fundación Atrofia Muscular Espinal (FundAME). Así o confirmaron dende a organización do evento benéfico, que vén da man Asociación Cultural Kitis Katis, coa colaboración do Concello e o comercio local. Un dos pratos fortes da cita será un concerto tributo á lendaria banda de rock Queen.

As entradas para o evento poderán adquirirse no Liceo de Noia ou na propia Asociación Kitis Katis a un prezo de 4 euros. Toda a recadación deste festival será doado a ASGPOH e FundAME para a investigación de enfermidades raras.

Ademais, sortearanse agasallos doados por diferentes casas comerciais da contorna, así como bonos doados polo Concello de Noia para gastar no comercio local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.