Durante as primeiras horas do martes, a fronte que entrou polo noroeste de Galicia durante a madrugada estará situada na metade sueste, polo que aínda se agardan chuvias intensas no sur e no leste que poden vir acompañadas localmente de aparato eléctrico, mentres que polo noroeste comezarán a abrirse claros. A partir do mediodía, os ceos alternarán nubes e claros con chuvascos dispersos e ocasionais, máis frecuentes na metade oeste. As temperaturas mínimas ascenderán entre lixeira e moderadamente, quedando as máximas con lixeiros ascensos. Os ventos soprarán de compoñente oeste, con intervalos fortes no terzo norte co avance do día.
Atención para martes: Choivas puntualmente intensas e localmente persistentes, en especial nas provincias atlánticas, e refachos moi fortes de vento do sur e suroeste en moitas zonas de Galicia durante a madrugada e primeiras horas da mañá.
Temperatura do aire (°C) | MINMAX 13° 19° |
Temperatura da auga (°C) | 17° |
Índice ultravioleta máx. | 2 |

O NOSO MAR: Vento do oeste á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 3 a 5 á mañá e á noite e 3 a 4 á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá e á tarde e 4 a 5 metros á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Marusía.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 01:35 | 1.5 m |
Preamar | 08:01 | 2.9 m |
Baixamar | 14:32 | 1.5 m |
Preamar | 20:46 | 2.6 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 01:24 | 1.5 m |
Preamar | 07:51 | 2.9 m |
Baixamar | 14:25 | 1.5 m |
Preamar | 20:40 | 2.6 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 01:30 | 1.5 m |
Preamar | 07:59 | 2.9 m |
Baixamar | 14:31 | 1.5 m |
Preamar | 20:43 | 2.6 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)