Lousame conmemora o 25N cunha concorrida concentración na praza Teodomiro Hidalgo

25 Novembro 2022

O Concello de Lousame conmemorou este mediodía o Día Internacional contra a violencia de xénero cunha masiva concentración na praza Teodomiro Hidalgo na que participaron alumnos e alumnas do CPI Cernadas de Castro, integrantes do Club de Xubilados de Lousame, membros da asociación A Misela, traballadores municipais e representantes dos distintos partidos políticos municipais.
A concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, foi a encargada de dar lectura ao manifesto institucional no que asegurou que “dende o Concello de Lousame seguimos acentuando o noso compromiso coa igualdade e contra a violencia de xénero. A violencia exercida contra a muller non é un problema alleo ás nosas vidas, é unha demostración indigna e impropia do ser humano que se reproduce a nivel mundial”.
Neste sentido, asegurou que “estamos a carón das vítimas impulsando accións como a pertenza deste concello á Rede de Entidades Locais que loitan contra a violencia sobre as mulleres e a coordinación con outras institucións e entidades a través da Mesa Local contra a Violencia de Xénero”. Así recordou a importancia de que “a veciñanza mostre o seu apoio ás vítimas da violencia de calquera índole. Non estamos ante un problema do ámbito privado, estamos ante un problema social”.
Acto seguido, a rapazada do CPI Cernadas de Castro procedeu a dar lectura dalgúns escritos e lendas sobre a violencia contra a muller, lembrando que este ano xa son 38 as mulleres asasinadas. “O asasinato é o último paso atroz da violencia de xénero, que comeza moito antes escondéndose detrás de feitos sociais aceptados e con base social e cultural”, alertou Silvia Agrafojo, quen incidiu na necesidade de educar en igualdade.
Ampliación da campaña
Por outra banda, o Concello de Lousame acordou ampliar ata o 11 de decembro a campaña de sensibilización “Eu digo NON á violencia de xénero” onde a veciñanza ten que facerse unha fotografía co material da campaña, dispoñible na fachada da Casa do Concello. Unha imaxe que deberán compartir nas súas Redes Sociais etiquetando ao Concello de Lousame no seu Facebook (/concello.delousame), Instagram (/somoslousame) ou Twitter (@SomosLousame). Aquelas persoas que non dispoñan de Redes Sociais, poden enviar as súas imaxes por WhatsApp ao 689 126 385 (que serán compartidas no Facebook do Concello). Entre todas as participantes sortearanse 6 vales de 50 euros en material deportivo.


O Concello amplía ata o 11 de decembro a campaña de sensibilización nas Redes Sociais: “Eu digo NON á violencia de xénero”

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.