JEALSA participará no Foro de emprego FESTEM para a captación de talento

03 Novembro 2022

A conserveira boirense JEALSA, referente no seu sector e tamén no ámbito da responsabilidade social empresarial, confirmou a súa participación no Foro de Emprego FESTEM que terá lugar mañá venres día 4 de novembro na Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol. Organizado polo Campus Industrial de Ferrol (CIF) da Universidade da Coruña, FESTEM será un espazo de encontro entre novo estudantes e titulados e as principais empresas nacionais e multinacionais do ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

“Estamos moi contentos de participar no foro FESTEM, un punto de encontro idóneo para captar unha gran variedade de perfís no ámbito da enxeñería que poidan incorporarse a diversas áreas dentro da compañía, dentro da nosa aposta global pola captación de talento e pola colaboración coas diferentes institucións educativas, especialmente en Galicia”, comentou Elena Garrido, directora de RRHH de JEALSA. Garrido tamén puxo o foco na “forte aposta de JEALSA pola innovación, a diversificación e a sustentabilidade”, unha aposta que a levou a situarse como unha das principais produtoras a nivel mundial, cun constante investimento en I D i da man do programa We Sea.

JEALSA inaugurou este ano un novo Centro Tecnolóxico, que serve como base de operacións para a creación dunha biofábrica, cun investimento estimado de 160 millóns de euros. “Grazas a esta filosofía e valores”, engadiu, Garrido, “conseguimos xa aproveitar o 100% da materia prima proveniente do peixe que chega ás instalacións, ademais de alcanzar a neutralidade en carbono a nivel de produción”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.