Irmanamento dos concellos de Rianxo e Bernasconi en Arxentina

15 Novembro 2022

O xoves 27 de outubro a Corporación Municipal do Concello de Rianxo aprobou por unanimidade o protocolo de irmanamento co concello arxentino de Bernasconi, lugar onde residiu a familia Rodríguez Castelao, a finais do século XIX.

A figura e legado de Alfonso Castelao volve unha e outra vez ao noso presente. En abril do presente ano, foi colocado un cartel na ruta Nacional 154 en Bernasconi, provincia de La Pampa, Arxentina, sinalando e poñendo en valor o sitio onde estivo o almacén “La Cruz Colorada” propiedade de Mariano Rodríguez Dios, e fogar da familia Rodríguez Castelao dende 1896 ao 1900. Neste fogar galego no medio da Pampa naceron Xosefina e Teresa, e Castelao lembra así o seu paso pola Pampa: Aquí deixou o meu pai as pegadas do seu traballo e das súas iniciativas, nunha extensa zona da Pampa Central antes deserta… na primeira vivenda humana que se alzou na Colorada Grande.

… Alí fíxenme mozo, aprendín a traballar; adapteime facilmente á vida libre dos campos abertos. Alí agromou en min ese sentimento irrefreable de liberdade que me fixo pensar no porvir da miña terra.

Coñecedores da importancia que esperta a figura polifacética e referencial de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao para o Concello e pobo de Rianxo, o conxunto de Galicia e a nosa diáspora arxentina, maila sensibilidade  amosada polo Municipio de Bernasconi en salientar a biografía do noso ilustre veciño, desenvolveranse diversas actividades de intercambio cultural. Entre elas, o próximo martes 15 de novembro, ás 13hs, haberá un intercambio escolar entre os institutos Félix Muriel, de Rianxo; o Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstol, de Buenos Aires e o Mariano Moreno, de Bernasconi. No evento online participarán, tamén, os respectivos alcaldes de Bernasconi Miguel Kittler e Adolfo Muíños de Rianxo; Valentín García, Secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Xan Leira, como coordinador. Mais, os verdadeiros protagonistas deste primeiro e singular encontro online de irmanamento escolar entre as dúas beiras son o alumnado e profesorado destes tres institutos: Francisco Alcalde Esperante, Pablo Calvo Costas, Rubén Domínguez Ordóñez, Xian Duro Suárez, Uxía González Patiño, Sara González Piñeiro, Lois Patiño Rodríguez e Pablo Valladares iglesias, coordinados polos docentes Raúl Castro e María Rodríguez, do IES Felíx Muriel, de Rianxo; Melina Ostertag, Abril Bonfigli e Alejandro Fuhr, e as docentes Romina Gravina y Stella Pofh do Instituto Mariano Moreno de Bernasconi; e Luca Posatini Saez, Lola Sánchez e Natalia Pulleiro, coordinados polo docente e Director xeral do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Buenos Aires, Carlos Brandeiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...