Éxito de participación na I Degustación do Lirio organizada pola Cooperativa de Ribeira

12 Novembro 2022

A Cooperativa Santa Eugenia de Ribeira – OPP 83 organiza, durante o día de hoxe, en colaboración coa Asociación de Empresarios e a Asociación de Hostaleiros de Ribeira, a I Xornada de degustación do lirio.
Nesta I XORNADA DE DEGUSTACIÓN DO LIRIO, dende a OPP83, deron de xeito gratuíto lirio fresco fileteado a cafeterías, bares e restaurantes do concello.
Así, e deste xeito, cada bar, cafetería e restaurante elixiron unha tapa para facer con Lirio. Un dos requisitos fundamentais para formar parte desta xornada, tendo en conta a cultura da tapa de Ribeira, é que a tapa será sempre gratuíta, só pagarán os clientes aos restaurantes que decidan facer un prato co lirio para ese día e o engaden á súa carta habitual.
O horario para esta degustación das tapas do lirio será ao longo de toda a xornada do 12 de novembro, así, e deste xeito, as veciñas e veciños de Ribeira e, os que visiten o concello durante esta xornada, poderán degustar a tapa do lirio tanto ao mediodía como á noite.
Unha primeira edición que contou cun éxito de participación, xa que finalmente foron 17 os establecementos que participen nesta I XORNADA DE DEGUSTACIÓN DO LIRIO. Están presentes A Recoveira coa súa tapa Non me chames Dolores chamame Lirio, que consistirá en Lirio recheo de xamón con queixo afumado e tomatiño confitado, tamén estará A Caseira con Lirio en escabeche de cabaza , A Fiestra Café-Bar con Lirio ao forno con patacas panadeiras en salsa de limón, Brétema con Lirio rebozado e croquetas de Lirio, El Golimbreo con tempura de Lirio, Esmorga con Roliños de arroz con Lirio e verduriñas, Retablo coa súa tosta de Lirio en tempura con crema de cabaza, queixo de cabra, crocante de xamón e redución de Tarsus, Abuela Gloria co seu The Lirio extreme, Café Plaza co seu Lirio adobado empanado, Tapería A De Maris coa súa Fritura de Lirio aliñada, Cocoluche coa súa Empanada de Lirio, Zum Zum co seu Montadiño de Lirio con salsa alioli, El Gourmet Alján coa súa tosta de Lirio con crema de tetilla e mango, Casa Patrón co seu Lirio en gabardina con salsa de langostinos, Café Botavara coa súa Tosta de Lirio con cebola caramelizada e puré de pementos, Tío Pepe co seu TíoPepeBurguerfish e o Bar
Morrison co seu Lirio rebozado.

Unhas tapas e unha xornada das que tamén poderán desfrutar as veciñas e veciños do concello e os visitantes nesta tarde noite, xa que a degustación será ao longo de todo este 12 de novembro.
Esta acción, incluída dentro do Plan de Produción e Comercialización (PPyC) anual deste 2022, ten como obxectivo iniciar unha estreita colaboración entre a OPP 83 e a hostalería de Ribeira, co fin de promover xornadas en épocas de menor afluencia para a hostalería e poñer en valor o peixe fresco de Ribeira. Esta será a primeira Xornada pero o obxectivo é propoñer accións semellantes ao longo do ano.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...