Este venres remata o prazo para presentar contribucións ao Mini Premio Eusebio Lorenzo Baleirón

29 Novembro 2022

O Concello de Dodro convocou este outono unha nova edición do Mini Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, un certame literario dirixido ao alumnado da ESO que se desenvolve baixo o epígrafe Das viaxes e dos soños. O premio serán entradas e estadías gratis para dúas persoas no festival Caudal Fest 2023 en Lugo, no que actuarán, entre outras bandas, Vetusta Morla, Sidonie, Ojete Calor ou La La Love You. O prazo remata este venres 2 de decembro, segundo recordou estes días o Concello no seu Facebook.
Homenaxe a Eusebio Lorenzo Baleirón

O certame toma o seu nome da obra que o poeta de Dodro Eusebio Lorenzo Baleirón publicou no ano 1985, con só 23 anos, na que se narraba as aventuras de Brais e Anselmo, en cuxa última páxina dicía así: “Esta é a historia dun suceso non sei se pasado ou presente, non sei se soñado ou vivido. Esta é a historia dun desexo expreso en palabras. Unha viaxe no interior dun neno e dun home que á súa maneira son tódolos nenos e homes que coñezo, un camiño trazado pola néboa e a lembranza… Estas son voces que falan por si mesmas, ninguén máis guiará o seu destino.
Eles, coma nós, saben que soñar sempre será necesario…”

Polo tanto este concurso ten como obxectivos: promover a creación literaria, o uso da lingua galega e a creación artística entre a mocidade “que soña” como diría o propio autor.

Modalidades

A participación no certame é individual e pode realizarse na modalidade de foto-creación ou de vídeo-creación literaria, pois o Concello de Dodro entende que “a linguaxe literaria debe adaptarse aos novos soportes de comunicación cos que actualmente convive a mocidade”. As obras presentadas teñen que estar en lingua galega e versar sobre as viaxe e os soños.

Como dixemos, o prazo de presentación dos traballos remata este venres 2 de decembro. As bases do certame poden consultarse na web municipal: www.dodro.gal.

O premio
Establécese un único premio dunha estadía e entradas gratis para dúas persoas ao Caudal Fest 2023, un festival de música que se celebrará en Lugo os días 15 e 16 de setembro de 2023. A entrega deste galardón terá lugar o 10 de decembro, coincidindo coa do XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

O Concello de Dodro convidou a participar neste concurso aos centros de ensino secundario das comarcas do Sar, do Barbanza e do Baixo Ulla.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.