Este venres celébrase en Barraña o novo Xantar da Terceira Idade de Boiro

Este venres 11 de novembro vaise celebrar a nova edición do Xantar de Confraternidade da Terceira Idade do Concello de Boiro. Será no Pavillón de Barraña a partir das 14.00 horas.

As entradas postas a disposición das persoas xubiladas esgotáronse xa este luns.

Medio milleiro de persoas van poder desfrutar este venres do tradicional xantar da terceira idade, unha cita que non se puido celebrar nos últimos anos por mor da pandemia. O cáterin contará con música e baile co obxectivo de ofrecer unha alternativa lúdica e de ocio para a veciñanza.