Este sábado, duelo directo pola permanencia entre o Rotogal Boiro e o Palma na Cachada

25 Novembro 2022

M.A.- A loita pola permanencia na Superliga vivirá un duelo de máxima esixencia para o Rotogal Boiro Voleibol e o Palma, que buscarán este sábado 26 ás 19.00 horas na Cachada a primeira vitoria da tempada. Os de Emilio Palacio comparecerán ante o seu público coas baixas de Gaby del Carmen, que se recupera dunha lesión no nocello, e de Martín Casais, que se restablece dunha doenza no xeonllo.

O Rotogal Boiro Voleibol afrontará mañá un duelo ante un adversario que, durante as dúas últimas
tempadas, sempre lle venceu. Na presente campaña, ambos os equipos loitan pola continuidade na Superliga. “É a partido clave da primeira volta, en casa, contra un rival directo. Será determinante ver como acaba para determinar o futuro da Superliga”, afirma Emilio Palacio. Engade que o Palma, “do mesmo xeito que nós, tivo moitos cambios esta tempada. Non está a pasar pola súa mellor situación. Eles teñen moitos xogadores novo, coma nós, aínda que si que posúen catro veteranos en posicións determinantes. Poden parecer lixeiramente favoritos por esa circunstancia, pero é unha partido clave”.

En opinión do preparador do Rotogal Boiro Voleibol, no choque de mañá “vai ser clave a maneira en que compitamos. Temos que ser máis agresivos no saque e o ataque. É fundamental que os rapaces estean concentrados ao cento por cento durante todo o partido, sen altibaixos”. O Palma, do mesmo xeito que o Rotogal Boiro Voleibol, disputou o play off polo título a pasada campaña. No entanto, sufriu unha profunda remodelación no persoal. Nela destaca a presenza dos centrais Carlos Manuel de Carvalho e Abel Bernal, que tamén exerce como adestrador, así como o colocador Xavi Folguera, o líbero José Osado e o receptor Renzo Cairús.

Precedentes
Tempada 2021-2022

Rotogal Boiro Voleibol, 2-Palma, 3
Palma, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 1
Tempada 2020-2021
Rotogal Boiro Voleibol, 2-Palma, 3
Palma, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 2

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.