En Ribeira o Concello mellorará con dúas accións a accesibilidade no paseo das Carolinas

08 Novembro 2022

O Concello de Ribeira vén de adxudicar dúas actuacións encamiñadas a mellorar a accesibilidade no paseo das Carolinas, como continuación das obras de remodelación emprendidas nesta contorna en datas recentes. Deste xeito e co obxecto de incrementar a anchura destinada ao tránsito peonil e mellorar as condicións de accesibilidade, proxectouse a desmontaxe da xardineira elevada, situada na marxe do paseo do lado da zona portuaria. O espazo resultante será utilizado na ampliación da beirarrúa e na proxección dunha nova zona verde ao nivel do pavimento. Tamén se colocará unha nova liña de rego e deixarase instalada unha canalización para o alumeado público.

Esta obra ten un prazo de execución de dous meses e será realizada pola empresa Nemesio Ordóñez, S.A.. Comporta un investimento de 44.250 euros, IVE incluída.

Por outra banda vaise actuar tamén nun treito das Carolinas localizado na beirada das casas (no entorno do cruce coa rúa do Estaleiro), coa fin de mellorar o acceso a inmóbeis e locais comerciais alí situados, así como o tránsito peonil ao tempo que se gaña no aspecto estético empregando materiais semellantes ao resto da vía. A tal efecto serán demolidos os pavimentos existentes, construídas novas ramplas e escaleiras, así como un pavimento de formigón continuo no ámbito do proxecto. O Concello tamén fixo saber que se van formar pozos de árbores (alcorques) para xardineiras e situarase liñas de saneamento e pluviais. As fachadas afectadas polas obras de demolición serán acondicionadas.

As xardiñeiras elevadas do paseo

Neste caso a actuación foi adxudicada a Nemesio Ordóñez, S.A., supoñendo unha inversión de 43.966 euros. O prazo de execución son tres meses.

Outros artigos

Ribeira celebra o Día da Bici con máis de 400 participantes

Ribeira viviu este domingo unha xornada festiva co Día da Bici, un evento organizado pola Concellería de Deportes en colaboración co Club Os Saltamontes, a Asociación de Veciños de Carreira, a Policía Local, GAEM e Protección Civil. Máis de 400 persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.